Mostrando entradas con la etiqueta camiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta camiños. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de enero de 2008

Mocións para o pleno do vindeiro 31 de Xaneiro

O próximo xoves día 31 de xaneiro ás 19:30 horas debatiranse DÚAS MOCIÓNS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE:

1- SEGURIDADE VIARIA NO CONCELLO DO PEREIRO

2-CREACIÓN DE RUTAS VERDES OU CAMIÑOS NON MOTORIZADOS NO CONCELLO.

Son mocións que xa se presentaran no Rexistro do Concello o día 11 de outubro de 2007. Dende aquela celebráronse xa dous Plenos (un en outubro e outro en decembro) nos que non foron incluídas. Despois de pedir as oportunas explicacións ao Sr. Alcalde sobre a non inclusión (resulta que confundíronas con preguntas, respondendo por escrito que as ven interesantes pero que as debemos concretar máis) e reiterar a presentación das mesmas como MOCIÓNS para o Pleno, acordaron incluílas na orde do día do que se celebrará o vindeiro 31 de xaneiro.

MOCIÓN SOBRE SEGURIDADE VIARIA:

O PSdeG-PSOE pide que o Pleno aprobe a necesidade de mellorar a seguridade viaria nas distintas rúas que atravesan o Concello, e que como primeira medida se encargue un estudo de Seguridade Viaria. A finalidade deste estudo sería a de levar a cabo actuacións encamiñadas a mellorala, prioritariamente nos núcleos de poboación, tales como: pasos de peóns elevados, establecemento de zonas 30 ou de preferencia de peóns, señalización de velocidade nos núcleos de poboación, establecemento de zonas de estacionamento, … e outras necesarias para a convivencia entre vehículos e peóns.

Xustificamos a necesidade da moción baseándonos na ACTUAL SITUACIÓN DE RISCO a que están sometidos conductores e peóns que circulan ou camiñan por este concello e na FALTA DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL que a corrixa.

É preciso que con urxencia se tomen medidas que eviten que nos núcleos de poboación os veciños circulemos ou camiñemos atemorizados polo elevado número de irresponsables que practican e exhiben conducción temeraria. É penoso que en moitos núcleos de poboación, como Melias, os pais non lles permitamos aos nenos usar a bicicleta polo elevado risco que supón sair a rúa ao non contar con medidas que impidan as “aloucadas” velocidades de irrespetuosos e irresponsables conductores.

MOCIÓN DE RUTAS VERDES OU CAMIÑOS NON MOTORIZADOS:

Solicítase que o Pleno aprobe a constitución dunha COMISIÓN CON REPRESENTACIÓN DOS TRES GRUPOS MUNICIPAIS (PP, PSdeG-PSOE, BNG) que se encargue das xestións e actuacións necesarias para a creación de vías verdes ou camiños non motorizados no concello.

Terá como funcións a elaboración dun estudo encamiñado a elección e ao establecemento das posibles rutas, informes de coste e viabilidade, establecemento de prioridades e prazos para a posta en funcionamento e seguimento das obras e actuacións necesarias.

Xustificamos a necesidade de presentar esta moción baseándonos na necesidade de recuperar antigas sendas e camiños, actualmente case desaparecidos por esquecidos e abandonados (totalmente cubertos de maleza, nalgúns casos mesmo por verquidos,…) e en que é inadmisible que non se teñan aproveitado ata o de agora as marxes dos numerosos regatos e dos ríos (o Loña, O Miño, …) que enriquecen o medio natural deste concello.

viernes, 18 de enero de 2008

Os camiños do Pereiro

A ningúen se lle debería escapar que O Pereiro ten unha enorme riqueza paisaxística que debería ser coidada, mimada e potenciada. Pero por desgracia sí se lles escapa aos nosos responsables municipais. Os antigas corredoiras, as rutas do traballo de tantas xeracións e hoxe tan valoradas polos aficionados ao senderismo, están a desaparecer reclamadas polo monte, polas silveiras, os fentos e a maleza.
O camiño desta foto comeza a ser, tristemente, unha excepción.

Silencio