martes, 3 de noviembre de 2009
Vertidos en Pereiro
Etiquetas: mocións, plenos, vertidos 0 comentarios
martes, 27 de octubre de 2009
Otro triste pleno
El pasado viernes, 24 de octubre, tuvo lugar un pleno del Concello de O Pereiro. Además de aprobar por unanimidad la cesión de las tasas de recogida de basura y saneamiento a la Diputación (que en adelante se hará cargo de ambos servicios), se adoptaron otros acuerdos y se rechazaron las tres mociones presentadas por el grupo socialista:
- El grupo de gobierno aprobó, con el apoyo del BNG y el voto en contra del PSOE, una modificación de crédito de 148.417,21 euros para hacer frente al gasto que supuso abastecer de agua durante el verano a la localidad de Triós. La situación vivida por los vecinos de Triós es una muestra más de la falta absoluta de planificación, así como de la consecuencia de unos presupuestos anuales que no hacen el esfuerzo que deberían en infraestructuras vitales.
- Los socialistas también propusieron que se acometieran obras de mejora en el pabellón deportivo de A Chaira, pero se ve que al grupo de gobierno le parece que el pabellón está hecho un primor, así que rechazaron la moción.
- El grupo socialista también propuso sustituir progresivamente el parque móvil del Concello por vehículos ecológicos. El BNG apoyó esta moción, pero fue rechazada por el grupo de gobierno. Se ve que esto del cambio climático no va con ellos, o quizás opinen, como alguno de la FAES, que todo es un cuento chino, que al planeta no le pasa nada, que los polos se deshielan por hacer una gracia y que la subida del nivel del mar es una bendición porque nos evitará ir hasta Samil o Playa América, pues con un poco de suerte llegará hasta la Chabasqueira y todos tan felices. Mucha ignorancia y desprecio por el medio ambiente es lo que hay, por desgracia.
- Por último se presentó desde el grupo socialista, y relacionado con la moción anterior, otra en la que se proponía que los coches de bajo consumo y ecológicos pudieran contar con una rebaja en el impuesto de circulación. Pero no hubo nada que hacer, al PP las subvenciones le gustan cuando van a empresas de sus amigos, pero no cuando se trata de hacer algo por dejar un mundo un poco más limpio a nuestros hijos, esas tonterías de hippies, ecologistas y gente de mal vivir. Y es que para eso tienen al primo de Rajoy, que le explica de maravilla estas cosas:
Actualización: olvidábamos comentar que entre las excusas para no apoyar la rebaja en el impuesto de circulación para coches de bajo consumo y ecológicos, el grupo de gobierno afirmó que "esos coches son para ricos". Vivir para ver.
Etiquetas: concello, plenos 0 comentarios
miércoles, 2 de septiembre de 2009
Presupuestos 2009: más de lo mismo
Etiquetas: orzamento, plenos 1 comentarios
lunes, 13 de abril de 2009
Presentación do estudo sobre os parques infantís
Ante a desidia do actual grupo de goberno, a agrupación socialista do Pereiro elaborou un estudo no que, por unha parte, poñen ao descuberto as graves deficiencias detectadas nos parques infantís deste Concello e, por outra, aportan propostas para correxilas e mellorar o estado de abandono actual.
O Grupo Socialista solicitará que o Pleno da Corporación de Pereiro de Aguiar se pronuncie a favor do incremento e deseño de novos parques infantís, das melloras propostas no Estudio e da adaptación ás normas de seguridade que establece o Decreto 245/2003 de 24 de abril.
As actuais instalacións incumplen a normativa vixente (Decreto 245/2003 de 24 de abril). Existen graves deficiencias na seguridade, como superficies sin amortiguación de impacto por caída (formigón, terra compacta ou area sen remover) ou equipos de xogo deteriorados ou non homologados con risco de graves lesións (en Vilaboa, Pardieiros, A Derrasa, Loñoá, Urbanización A Veiga de Abaixo …). Polo tanto, non ofrecen as condicións necesarias para que a poboación infantil se divirta sen poñer en perigo a súa integridade física.
Por outra banda, existe un claro déficit no número de parques e áreas infantís con relación á poboación infantil (máis de 650 nenos menores de 16 anos).
Constátanse, entre outras cousas, a falta de planificación respecto da ubicación (a excepción das urbanizacións a elección da situación é arbitraria e non se valoran riscos de atropelos, impactos, …) a escasa ou nula sinalización, o abandono no mantemento e conservación, a ausencia de limpeza e hixiene, …
Como a crítica debe vir sempre asociada a propostas e alternativas, os socialistas propoñen, entre outras, as seguintes medidas concretas:
- incremento sustancial no número destas instalacións;
- adaptación á normativa vixente, coa retirada urxente dos equipos de xogo que incumpren os requisitos de seguridade;
- elección axeitada da ubicación (zonas de arbolado, aisladas do tráfico, …);
- sinalización e delimitación por idades;
- instalación de elementos adicionais (bancos, papeleras, fontes, teléfonos de emerxencia, …);
- mellora da accesibilidade para minusválidos, vehículos infantís, avós, …;
- elaboración dunha ordenanza municipal sobre o seu uso e funcionamento e plan de conservación, limpeza e hixiene.
Cos xogos dos nenos non se xoga, así que confiamos en que o grupo de goberno abra os ollos, admita a existencia destes problemas e permita que se aproben estas medidas.
Nota: a foto pertence á galería de jmrobledo en Flickr
Etiquetas: concello, parque infantil, plenos 0 comentarios
miércoles, 21 de enero de 2009
O reparto do Fondo de Inversión no Pereiro
As inversións finalmente aprobadas, por un importe total de 1.050.000 euros, son:
- Tres depuradoras: unha no parque empresarial (612.000 euros), unha en Sabadelle (185.000 euros) e unha en A Caravina (174.000 euros).
- Construcción de aceras en A Caravina (79.000 euros)
No Pereiro non existe ningún tipo de planificación e priorización do desenvolvemento das infraestructuras: as decisións obedecen a impulsos do Sr. Alcalde que se limita a levar ao pleno as súas decisións para seren aprobadas sen máis discusión. E claro, como non estamos pola labor de non discutir, de non dialogar e de non preguntarnos (e preguntarlle) o por qué das cousas, o Sr. Alcalde e algún dos seus acólitos póñense dos nervios, atropéllanse e tratan de rematar as discusións con exabruptos como os que tivemos que oir no pleno do 19 de decembro.
Decididamente, non están acostumbrados a debatir e moito nos tememos que xa non se acostumbrarán nunca. O PP ourensán debería prantexarse que estas formas de facer política e gobernar son reliquias dun pasado casposo e caciquil que xa fai moito tempo que deberían ter superado.
Noticia en La Región.
Etiquetas: infraestructura, plenos 0 comentarios
miércoles, 14 de enero de 2009
A mala educación
Aquí tedes unha pequena recopilación dalgunhas perlas do noso Sr. Alcalde nese pleno:
- "A oposición será invitada a participar cando se considere necesario, se se considera necesario. Xa se lles informará cando se considere oportuno. Serán invitados a participar en algunha cousa".
- Ante unha pregunta da oposición: "¡Imos ter a festa en paz, non me quero enfadar!"
- "Cando vostede goberne, vostede saberá donde ten que invertir, igual que facemos nosotros!"
- "¡Pois non se vai facer ningunha comisión! ¡E nada máis, son así de taxante!"
- A oposición quere saber cando se lles responderá ás preguntas feitas nos plenos: "Cando o Sr. Secretario teña tempo".
- A oposición critica que as felicitacións de Navidade vaian firmadas en nome do Sr. Alcalde, e non da corporación: "O Sr. Zapatero ou Zapatóns dalle 400 euros á xente. Ao millor copiei del e fíxeno mal".
- A oposición pregunta polo estado da tramitación do PXOUM, pois según a planificación prevista xa deberían estar listos algúns documentos. O Sr. Alcalde contesta que, como xa contestou nunha comisión, non contesta no Pleno.
De verdade que me sentín transportado ao pasado, ás épocas dos Gozos e as Sombras, aos tempos dos caciques de Castelao. E polo visto foi un pleno bastante tranquilo, medo da pensar, con estas actitudes caciquís, prepotentes e de mala educación, o que será un pleno no que o Sr. Alcalde "se enfade".
Etiquetas: alcalde, plenos 0 comentarios
viernes, 25 de julio de 2008
Os orzamentos de Pereiro de Aguiar
Dun total de 5.406.000 € (cinco millóns e medio de euros) únicamente se destinen a inversións reais (capítulo 6) 718.749,43 € que suporían o 13 % do total (664.895 € menos que no orzamento de 2007). Ademáis tal inversión NON É REAL por non tratarse de fondos municipais senón participados. Dos 718.749,43 €, 393.000 € corresponden a subvencións da Xunta de Galicia, polo que a inversión real son 325.000 €, é dicir a inversión real prevista representa o 6 % do orzamento total .
Non aprobamos que entre cap 1 (PERSOAL) e cap 2 (BENS CORRENTES E SERVICIOS) se gaste o 80 % do orzamento. Esiximos reducir notablemente o gasto de persoal, 2.253.010,46 € que supoñen o 42 % do total. Opoñémonos a que neste capítulo 1 se incrementen 718.000 € de gasto respecto do exercicio 2007 que, aparte do Obradoiro de Emprego (para o que se conta cunha subvención da Consellería de Traballo de 610.480,80 €), débese básicamente á remuneración de altos cargos (de 70.000 a 90.000 €), 20.000 € de incremento para a remuneración da dedicación exclusiva do Alcalde e a unha suba salarial prevista totalmente irregular para unha parte do persoal.
Preténdese camuflar como unha suba salarial a traballadores tratados como temporais, cando non o son; trátase de traballadores con contratos en fraude de lei, xa que realizan funcións de necesidade permanente no Concello. Con tal suba discrimínase a outros traballadores que tamén ocupan postos de necesidade permanente no Concello. Plantéxanse subas salariais significativamente desiguais e discriminatorias. Resulta curioso que parte do persoal beneficiado sexan candidatos do PP nas eleccións municipais: 3 auxilares administrativos cun incremento de 318 €/mes (salario + SS) cada unha, unha limpadora da Galescola cun incremento de 96 €/mes, unha xardineira responsable cun incremento de 269 €/mes. Tamén resalta o incremento de 177 €/mes para o oficial de brigadas, un coñecido colaborador do Sr. Alcalde, mesmo nas campañas electorais.
A única vía legal para regularizar esta situación (tarefa na que nos consta o empeño e esforzo do Sr. Secretario-Interventor) é a que temos proposto os concelleiros socialistas a través de Mocións (xa presentadas, aínda non debatidas): a negociación do Convenio Colectivo e unha RPT que responda a necesidades reais e non ós intereses do Alcalde e do seu grupo de goberno, como pon de manifesto que 5 persoas da súa candidatura nas eleccións municipais son traballadores do Concello, como tamén o son familiares directos de concelleiros do grupo de goberno.
No que respecta aos INGRESOS demandamos unha explicación sobre o contido do cap 2, IMPOSTOS INDIRECTOS. ¿Como co volume de construcción existente, tendo en conta a expansión urbanística e os 6300 habitantes no municipio, só se prevén 300.000 € de recadación? (130.000 € menos que no exercicio anterior).
Enlaces: Noticia en La Región,
Etiquetas: concello, orzamento, plenos 0 comentarios
martes, 15 de abril de 2008
Os derribos en Tibiás
Despois da celebración do Pleno Extraordinario solicitado conxuntamente polos grupos da oposición, a iniciativa do PSdeG-PSOE, no que se esixía explicacións por parte do Sr. Alcalde das actuacións executadas ou ordenadas polo Concello, relacionadas co derribo dunha edificación en Tibiás, así como a aportación da pertinente documentación xustificativa, os concelleiros do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, César Grande e Carmen Figueiral, manifestan que queda claro que o Grupo de goberno de Pereiro de Aguiar mostra unha total irresponsabilidade nas súas funcións, xa que sendo os responsables de velar polo estrito cumprimento en materia urbanística e de obras, son os primeiros en dar exemplo de incumprimento.
O Alcalde non aporta a documentación requerida para o Pleno, non mostra ningún tipo de expediente aberto sobre esta obra, o que avala a non existencia de ningún tipo de licencia. NON APORTA informe técnico que declare ou xustifique o estado ruinoso do inmueble que ten manifestado o Alcalde.
Constátase que o Alcalde obrou a iniciativa propia e persoal; non consta que este asunto se tratase en Xunta de Goberno. Únicamente consta que se aprobou neste órgano de goberno (novembro de 2007) a compra de dúas edificacións en Tibiás, a dunha “casa corte” por 2000 € e a da “casa do forno” por 3000 €.
Ante as declaracións do Alcalde de que non ten intención de construir no seu lugar un velatorio, contradicindo as manifestacións públicas dos veciños, dende o PSdeG-PSOE entendemos que a coincidencia do derribo con datas moi próximas ás eleccións do pasado 9 de marzo pode responder ao intento do PP de sacarlle rendemento electoral a unha falsa promesa (construcción dun velatorio) que nunca pensou cumprir (non o permite a catalogación do chan). Esperamos que estes veciños tomen boa nota das promesas do Sr. Eliseo Fernández, o seu Alcalde.
Coa intención de depurar responsabilidades, os grupos do PSdeG-PSOE e BNG temos presentada unha moción coa proposta da constitución dunha Comisión de Investigación, que se debatirá no próximo Pleno Ordinario convocado para o día 18 de abril ás 19 horas.
Os concelleiros socialistas manifestamos que feitos como este confirman a incapacidade do Alcalde e do seu equipo de goberno para xestionar as necesidades e intereses do noso concello e a súa irresponsabilidade á hora de tomar decisións, que nos levan a situacións de denuncia dos propios veciños como neste caso, ou protestas como as dos veciños de Vilariño que acudiron con pancartas ó Pleno de pasado 22 de decembro reclamando a necesaria modificación ou revisión do PXOM.
Etiquetas: plenos 0 comentarios
domingo, 24 de febrero de 2008
A reforma do PXOM acordada por unanimidade.
Este acordo demostra varias cousas:
- Os dirixentes municipais do Partido Popular levaron a cabo durante anos unha política clientelista, baseada no "construe que non pasa nada pero lembra esto no momento de votar" e no suposto de que perdurarían per sécula no poder, sen pensar máis que nos réditos electorais que obterían ao curto prazo. A dura e terca realidade coa que se atopan é que moitos dos veciños ven agora en perigo as súas vivendas e esixen solucións.
- O PP no Pereiro vai á deriva, sen rumbo, sen proxecto, sen estratexia, como o demostra que, ante a inmovilidade do equipo de goberno, tiveran que tomar a iniciativa os partidos da oposición en algo tan importante e de tanta trascendencia para a vida dos veciños.
- É necesario que todos os veciños comprendan que as políticas caciquiles, do amiguismo e a chapuza son cousas do pasado, e que vivimos nun Estado de Dereito, no que todos estamos sometidos ao imperio da Lei, e non ao arbitrio das graciosas concesións do Sr. Alcalde.
Etiquetas: plenos, PXOM, urbanismo 0 comentarios
martes, 29 de enero de 2008
Mocións para o pleno do vindeiro 31 de Xaneiro
1- SEGURIDADE VIARIA NO CONCELLO DO PEREIRO
2-CREACIÓN DE RUTAS VERDES OU CAMIÑOS NON MOTORIZADOS NO CONCELLO.
Son mocións que xa se presentaran no Rexistro do Concello o día 11 de outubro de 2007. Dende aquela celebráronse xa dous Plenos (un en outubro e outro en decembro) nos que non foron incluídas. Despois de pedir as oportunas explicacións ao Sr. Alcalde sobre a non inclusión (resulta que confundíronas con preguntas, respondendo por escrito que as ven interesantes pero que as debemos concretar máis) e reiterar a presentación das mesmas como MOCIÓNS para o Pleno, acordaron incluílas na orde do día do que se celebrará o vindeiro 31 de xaneiro.
MOCIÓN SOBRE SEGURIDADE VIARIA:
O PSdeG-PSOE pide que o Pleno aprobe a necesidade de mellorar a seguridade viaria nas distintas rúas que atravesan o Concello, e que como primeira medida se encargue un estudo de Seguridade Viaria. A finalidade deste estudo sería a de levar a cabo actuacións encamiñadas a mellorala, prioritariamente nos núcleos de poboación, tales como: pasos de peóns elevados, establecemento de zonas 30 ou de preferencia de peóns, señalización de velocidade nos núcleos de poboación, establecemento de zonas de estacionamento, … e outras necesarias para a convivencia entre vehículos e peóns.
Xustificamos a necesidade da moción baseándonos na ACTUAL SITUACIÓN DE RISCO a que están sometidos conductores e peóns que circulan ou camiñan por este concello e na FALTA DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL que a corrixa.
É preciso que con urxencia se tomen medidas que eviten que nos núcleos de poboación os veciños circulemos ou camiñemos atemorizados polo elevado número de irresponsables que practican e exhiben conducción temeraria. É penoso que en moitos núcleos de poboación, como Melias, os pais non lles permitamos aos nenos usar a bicicleta polo elevado risco que supón sair a rúa ao non contar con medidas que impidan as “aloucadas” velocidades de irrespetuosos e irresponsables conductores.
MOCIÓN DE RUTAS VERDES OU CAMIÑOS NON MOTORIZADOS:
Solicítase que o Pleno aprobe a constitución dunha COMISIÓN CON REPRESENTACIÓN DOS TRES GRUPOS MUNICIPAIS (PP, PSdeG-PSOE, BNG) que se encargue das xestións e actuacións necesarias para a creación de vías verdes ou camiños non motorizados no concello.
Terá como funcións a elaboración dun estudo encamiñado a elección e ao establecemento das posibles rutas, informes de coste e viabilidade, establecemento de prioridades e prazos para a posta en funcionamento e seguimento das obras e actuacións necesarias.
Xustificamos a necesidade de presentar esta moción baseándonos na necesidade de recuperar antigas sendas e camiños, actualmente case desaparecidos por esquecidos e abandonados (totalmente cubertos de maleza, nalgúns casos mesmo por verquidos,…) e en que é inadmisible que non se teñan aproveitado ata o de agora as marxes dos numerosos regatos e dos ríos (o Loña, O Miño, …) que enriquecen o medio natural deste concello.
Etiquetas: camiños, medio ambiente, mocións, plenos, seguridade viaria 1 comentarios
domingo, 20 de enero de 2008
¿Tonterías?
O pasado 3 de xaneiro La Región publicaba a seguinte nova:
Los concejales del PSOE, César Grande y Carmen Figueiral, avalan sus críticas en que no se da respuesta a la preguntas presentadas, en tiempo y forma, por la oposición; en que, tras casi medio año desde que se constituyó la Corporación, no fue convocada ninguna reunión de las comisiones informativas de Igualdade e Benestar, Promoción do Emprego, Industria, Turismo e Medio Ambiente y Educación, Cultura, Deportes e Xuvuntede; en que las sesiones de junta de gobierno no son convocadas en las fechas previstas y en que se incumplen los acuerdos en ella tomados.
’Ocúpanse de tonterías’
El alcalde de Pereiro, Eliseo Fernández, defiende su gestión municipal, asegurando que no existen irregularidades, pero que, en todo caso, si así lo considera la oposición que ’o demostre cando queira e como queira, non nos preocupa’. En esta línea, el regidor asegura que ’se a oposición segue preocupándose por tonterías vou seguir de alcalde outros 28 anos máis’.
Polo visto, para o Sr. Alcalde incumprir acordos e normativas e non convocar as comisións son "tonterías". Cousas veredes...
Etiquetas: alcalde, noticia, oposición, plenos 2 comentarios
Etiquetas
- plenos (11)
- PSdeG-PSOE (10)
- concello (9)
- elecciones (9)
- urbanismo (9)
- alcalde (8)
- campaña (8)
- congreso (8)
- parque infantil (5)
- infraestructura (4)
- pp (4)
- urbanizaciones (3)
- PXOM (2)
- boletín (2)
- camiños (2)
- cuentas (2)
- espinosa (2)
- medio ambiente (2)
- mocións (2)
- oposición (2)
- orzamento (2)
- psoe (2)
- seguridade viaria (2)
- touriño (2)
- universidad (2)
- zapatero (2)
- César Grande (1)
- baltar (1)
- blog (1)
- caminos (1)
- comunicado de prensa (1)
- constructora (1)
- economía (1)
- educación (1)
- equipamiento (1)
- gobierno (1)
- irregularidades (1)
- lixo (1)
- noticia (1)
- pensiones (1)
- saneamento (1)
- senderismo (1)
- socialistas (1)
- turismo (1)
- vertidos (1)
- xunta (1)
Followers
Arquivo do blog
-
▼
2009
(28)
- ► septiembre (1)




