PSdeG-PSOE E BNG OBRIGAN AO ALCALDE POPULAR DE PEREIRO DE AGUIAR A RENDER CONTAS ANTE O PLENO SOBRE O DERRIBO EXECUTADO EN TIBIAS.
Despois da celebración do Pleno Extraordinario solicitado conxuntamente polos grupos da oposición, a iniciativa do PSdeG-PSOE, no que se esixía explicacións por parte do Sr. Alcalde das actuacións executadas ou ordenadas polo Concello, relacionadas co derribo dunha edificación en Tibiás, así como a aportación da pertinente documentación xustificativa, os concelleiros do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, César Grande e Carmen Figueiral, manifestan que queda claro que o Grupo de goberno de Pereiro de Aguiar mostra unha total irresponsabilidade nas súas funcións, xa que sendo os responsables de velar polo estrito cumprimento en materia urbanística e de obras, son os primeiros en dar exemplo de incumprimento.
O Alcalde non aporta a documentación requerida para o Pleno, non mostra ningún tipo de expediente aberto sobre esta obra, o que avala a non existencia de ningún tipo de licencia. NON APORTA informe técnico que declare ou xustifique o estado ruinoso do inmueble que ten manifestado o Alcalde.
Constátase que o Alcalde obrou a iniciativa propia e persoal; non consta que este asunto se tratase en Xunta de Goberno. Únicamente consta que se aprobou neste órgano de goberno (novembro de 2007) a compra de dúas edificacións en Tibiás, a dunha “casa corte” por 2000 € e a da “casa do forno” por 3000 €.
Ante as declaracións do Alcalde de que non ten intención de construir no seu lugar un velatorio, contradicindo as manifestacións públicas dos veciños, dende o PSdeG-PSOE entendemos que a coincidencia do derribo con datas moi próximas ás eleccións do pasado 9 de marzo pode responder ao intento do PP de sacarlle rendemento electoral a unha falsa promesa (construcción dun velatorio) que nunca pensou cumprir (non o permite a catalogación do chan). Esperamos que estes veciños tomen boa nota das promesas do Sr. Eliseo Fernández, o seu Alcalde.
Coa intención de depurar responsabilidades, os grupos do PSdeG-PSOE e BNG temos presentada unha moción coa proposta da constitución dunha Comisión de Investigación, que se debatirá no próximo Pleno Ordinario convocado para o día 18 de abril ás 19 horas.
Os concelleiros socialistas manifestamos que feitos como este confirman a incapacidade do Alcalde e do seu equipo de goberno para xestionar as necesidades e intereses do noso concello e a súa irresponsabilidade á hora de tomar decisións, que nos levan a situacións de denuncia dos propios veciños como neste caso, ou protestas como as dos veciños de Vilariño que acudiron con pancartas ó Pleno de pasado 22 de decembro reclamando a necesaria modificación ou revisión do PXOM.

0 comentarios:
Publicar un comentario