Mostrando entradas con la etiqueta boletín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta boletín. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de febrero de 2009

Novo número do noso boletín





Por segundo fin de semana continuamos coa campaña polo Concello do Pereiro. Ademáis da información sobre a campaña autonómica aproveitamos para repartir o número 2 do boletín da agrupación. É un boletín de catro páxinas no que recollemos información relacionada cos parques infantís, as inversións realizadas co Fondo Estatal de Inversións, o proxecto (¿abandonado?) da wi-fi e algunhas cousas máis de interese para os nosos veciños.

Como en todas as campañas a verdade é o estamos a pasar moi ben, porque o ambiente á fantástico e todos curramos un montón. É moi significativo do ambente que se respira na agrupación que casi dous anos despóis das municipais sigamos tan unidos e tanta xente colabore desinteresadamente na campaña, adicando a ela os seus fins de semana (e precisamente estos fins de semana de sol despois de tanto frío e choiva).

O que percibimos tamén é moi interesante, pois a xente cóntanos os seus problemas e agradece que lle acheguemos as nosas ideas e a información que de outro xeito non lle chega dende o Concello. Chegar a ser unha verdadeira opción de goberno non é traballo dunha campaña, senon unha carreira de fondo de catro anos na que a xente ten que ver cómo nos involucramos, cómo curramos e cómo tratamos de levar ao Concello os seus problemas aportando solucións (que logo, polo xeral, rexeita o grupo de goberno, pero contra eso xa non podemos facer nada). Estamos seguros de que todo este traballo dará o seu froito cando os veciños teñan que decidir dentro de dous anos a composición da corporación municipal.

jueves, 23 de octubre de 2008

Nace o boletín informativo da Agrupación Socialista do Pereiro



Os veciños do Pereiro están a recibir no correo o número 1 do boletín informativo da agrupación (pinchar sobre a imaxe do boletín para ver ampliado). Neste primeiro número informamos sobre: 
  • a evolución dos resultados electorais nos últimos anos no Concello, 
  • a actividade levada a cabo polo noso grupo municipal nos Plenos e Comisións e materializada en máis de 20 mocións presentadas,
  • a visión do grupo municipal socialista sobre cómo debe abordarse a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM),
  • orzamento municipal do 2008, demostrando a desastrosa e irregular actuación do equipo de goberno,
  • información sobre o obradoiro de emprego financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia no noso Concello.
Esta publicación nace con vocación de permanencia no tempo e co obxectivo de convertirse nun medio eficaz de manter informados dun xeito sinxelo e direito aos nosos veciños da actividade que leva a cabo a Agrupación Socialista do Pereiro.

Invitamos a todos os veciños a facernos chegar informacións, novas, queixas ou suxerencias que nos axuden tanto facer deste boletín unha ferramenta cada vez máis útil como a mellorar a nosa acción de oposición firme e responsable.