Os veciños do Pereiro están a recibir no correo o número 1 do boletín informativo da agrupación (pinchar sobre a imaxe do boletín para ver ampliado). Neste primeiro número informamos sobre:
- a evolución dos resultados electorais nos últimos anos no Concello,
- a actividade levada a cabo polo noso grupo municipal nos Plenos e Comisións e materializada en máis de 20 mocións presentadas,
- a visión do grupo municipal socialista sobre cómo debe abordarse a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM),
- orzamento municipal do 2008, demostrando a desastrosa e irregular actuación do equipo de goberno,
- información sobre o obradoiro de emprego financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia no noso Concello.
Esta publicación nace con vocación de permanencia no tempo e co obxectivo de convertirse nun medio eficaz de manter informados dun xeito sinxelo e direito aos nosos veciños da actividade que leva a cabo a Agrupación Socialista do Pereiro.
Invitamos a todos os veciños a facernos chegar informacións, novas, queixas ou suxerencias que nos axuden tanto facer deste boletín unha ferramenta cada vez máis útil como a mellorar a nosa acción de oposición firme e responsable.
0 comentarios:
Publicar un comentario