O Concello de Pereiro recibirá máis de un millón de euros do Fondo Estatal de Inversión Local no ano 2009. Estamos ante unha gran oportunidade de acometer inversións en infraestructuras e accións de fomento do emprego que o grupo de goberno do Concello de Pereiro non pode desaproveitar baixo ningún concepto.
O grupo municipal socialista leva dende o comezo desta lexislatura municipal reclamando, a través de diferentes mocións, a realización de inversións que aporten valor ao Concello e, por extensión, aos seus veciños e que, ao mesmo tempo, permitan crear emprego. Nesta liña, o grupo municipal do PSdeG-PSOE presentou onte unha moción para solicitar que se cree unha comisión na que se atopen representados os tres partidos co fin de decidir as inversións máis beneficiosas para a economía e o emprego do Concello. As propostas que o noso grupo presentaría a esa comisión irían na liña de acometer inversións en cuestións como:

- Seguridade viaria
- Mellora de espazos públicos (parques, xardíns, zonas de ocio,...)
- Mellora da rede de saneamento e abastecemento
- Mellora de alumeado público
- Rutas verdes e camiños non motorizados
- Melloras de servicios relacionados coas tecnoloxías da información (ADSL, rede inalámbrica,...)
É importante ter en conta que o importe desta axuda é bastante superior aos escasos 720.000 euros destinados a inversións no orzamento do Concello para o 2008, e máis se temos en conta que case 400.000 corresponderon a subvencións da Xunta de Galicia. Ademáis, a meirande parte destas actuacións xa foron pedidas en diferentes mocións ao longo deste mandato, sendo polo xeral rexeitadas polo grupo do PP, máis partidarios de políticas que priman a realización de inversións en función de parámetros máis relacionados cos intereses electorais e dos amigos, que cos relacionados co ben común.
Este millón de euros pertence aos veciños e teñen que ser invertidos, sen excusas, no seu futuro.
Noticia: El Faro de Vigo
Este millón de euros pertence aos veciños e teñen que ser invertidos, sen excusas, no seu futuro.
Noticia: El Faro de Vigo
0 comentarios:
Publicar un comentario