É unha pena que non asista máis xente aos plenos do Concello. De verdade que é como unha viaxe ao pasado, e ata poderíanse botar unhas risas se a cousa non fora tan triste. Asistín ao pleno do 19 de decembro e o meu asombro e incredulidade sobre as expresións e actitudes do Sr. Alcalde e algún dos seus escudeiros foron enormes, porque pensaba que determinadas actitudes eran cosa dun pasado xa superado.
Aquí tedes unha pequena recopilación dalgunhas perlas do noso Sr. Alcalde nese pleno:
Aquí tedes unha pequena recopilación dalgunhas perlas do noso Sr. Alcalde nese pleno:
- "A oposición será invitada a participar cando se considere necesario, se se considera necesario. Xa se lles informará cando se considere oportuno. Serán invitados a participar en algunha cousa".
- Ante unha pregunta da oposición: "¡Imos ter a festa en paz, non me quero enfadar!"
- "Cando vostede goberne, vostede saberá donde ten que invertir, igual que facemos nosotros!"
- "¡Pois non se vai facer ningunha comisión! ¡E nada máis, son así de taxante!"
- A oposición quere saber cando se lles responderá ás preguntas feitas nos plenos: "Cando o Sr. Secretario teña tempo".
- A oposición critica que as felicitacións de Navidade vaian firmadas en nome do Sr. Alcalde, e non da corporación: "O Sr. Zapatero ou Zapatóns dalle 400 euros á xente. Ao millor copiei del e fíxeno mal".
- A oposición pregunta polo estado da tramitación do PXOUM, pois según a planificación prevista xa deberían estar listos algúns documentos. O Sr. Alcalde contesta que, como xa contestou nunha comisión, non contesta no Pleno.
Parece olvidar o Sr. Alcalde que a oposición non se colou por unha ventana, senon que foi elexida por veciños que teñen os mesmos dereitos que os que lle votaron a él. O Sr. Alcalde tamén olvida que, como tal, é un SERVIDOR PÚBLICO, e está ahí para respostar ás preguntas que os veciños lle transmiten a través dos seus representantes.
De verdade que me sentín transportado ao pasado, ás épocas dos Gozos e as Sombras, aos tempos dos caciques de Castelao. E polo visto foi un pleno bastante tranquilo, medo da pensar, con estas actitudes caciquís, prepotentes e de mala educación, o que será un pleno no que o Sr. Alcalde "se enfade".
De verdade que me sentín transportado ao pasado, ás épocas dos Gozos e as Sombras, aos tempos dos caciques de Castelao. E polo visto foi un pleno bastante tranquilo, medo da pensar, con estas actitudes caciquís, prepotentes e de mala educación, o que será un pleno no que o Sr. Alcalde "se enfade".
0 comentarios:
Publicar un comentario