viernes, 1 de agosto de 2008

Lixo nas estradas


O Concello de Pereiro de Aguiar é un concello dunha gran extensión no que teñen cabida unha gran diversidade de paisaxes de gran beleza, que non están a ser aproveitadas como deberían (por exemplo, diseñando, mantendo e publicitando rutas de senderismo).

Nembargantes, imaxes como as da foto non favorecen precisamente a imaxe turística deste concello, e máis se temos en conta que foi tomada a pé da estrada que leva cara aos cañóns do Sil e o Mosteiro de Santo Estevo, estrada que nesta época utilizan moitos turistas e visitantes. Parece mentira que casi cinco anos despois de que se instalaran os primeiros veciños en algunhas das novas urbanizacións sigan sin resolverse os problemas de recollida do lixo.