jueves, 29 de enero de 2009

Presentación das candidaturas


O vindeiro sábado, 31 de xaneiro, ás 12:00, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE para as eleccións autonómicas.

Todos os militantes e simpatizantes estades invitados a asistir a este acto.

lunes, 26 de enero de 2009

A wifi olvidada do Pereiro


O Concello de Ourense ten previsto dotar aos seus cidadáns dunha completa cobertura inalámbrica para acceder a Internet, tanto no casco urbán como nas parroquias do rural. O proxecto terá un custe de un millón de euros que será financiado polo Fondo Estatal de Inversións, e foi elaborado pola Concellería de Economía que dirixe o noso compañeiro Agustín Fernández.

Despois de construida a infraestructura de rede o propio Concello se erixirá en operador de telecomunicacións e sacará a concurso público a concesión do servicio, que se estima que terá un precio de non máis de 10 euros (a lei prohibe que sexa gratuito, pois sería competencia desleal coas operadoras).

O principal obxectivo desta iniciativa é mellorar a penetración da Sociedade da Información, principalmente no rural, no que existen ainda moitas zonas con graves problemas para acceder a servicios a través de Internet, pois son zonas que polo xeral non interesan económicamente ás operadoras.

Seguramente moitos dos veciños do Pereiro lembrarán que no verán do ano 2007 saiu en prensa e no apartado de novas da web do Concello do Pereiro que este encargara un proxecto conxunto á Universidade de Vigo e a unha empresa para a implantación dunha rede wi-fi en todo o seu territorio para o acceso dos seus veciños a servicios de Internet.

Pois por algunha razón, o grupo de goberno parece ter esquecido este proxecto e deixou pasar, unha tras outra, convocatorias de axudas autonómicas, estatais e europeas que poderían ter financiado esta boa iniciativa, como o Plan Avanza ou o Fondo Estatal de Inversións. ¿Será que ao Sr. Alcalde no fondo non lle interesa que os seus veciños accedan á Sociedade da Información ou, máis probable, a desidia e o descontrol provocaron simplemente o olvido deste proxecto? Polo de agora, unha porcentaxe importante dos nosos veciños seguirán a depender de que a Telefónica ou outras operadoras lles resulte rentable achegarlles a banda ancha e, con ela, servicios que son irrenunciables no século XXI.

Enlaces:
Nova en La Región
Nova publicada no Concello de Pereiro

miércoles, 21 de enero de 2009

O reparto do Fondo de Inversión no Pereiro


Finalmente o pleno do Concello do Pereiro aprobou o reparto dos fondos estatais de inversión local, cos votos do PP, a abstención do BNG e o voto en contra dos concelleiros do PSdeG-PSOE.

As inversións finalmente aprobadas, por un importe total de 1.050.000 euros, son:
  • Tres depuradoras: unha no parque empresarial (612.000 euros), unha en Sabadelle (185.000 euros) e unha en A Caravina (174.000 euros).
  • Construcción de aceras en A Caravina (79.000 euros)
O grupo municipal socialista non critica a necesidade destas inversións (principalmente as depuradoras), pero decidiu votar en contra para manifestar a súa discrepancia con este xeito de aprobar as inversións, fruto dunha decisión unilateral do alcalde, que non parece distinguir a diferencia entre un director xeral dunha empresa e o rexidor dun concello democrático. Por outra parte, estas inversións non permiten acadar un dos principais obxectivos do Fondo de Inversión Local, que é a creación de emprego.

No Pereiro non existe ningún tipo de planificación e priorización do desenvolvemento das infraestructuras: as decisións obedecen a impulsos do Sr. Alcalde que se limita a levar ao pleno as súas decisións para seren aprobadas sen máis discusión. E claro, como non estamos pola labor de non discutir, de non dialogar e de non preguntarnos (e preguntarlle) o por qué das cousas, o Sr. Alcalde e algún dos seus acólitos póñense dos nervios, atropéllanse e tratan de rematar as discusións con exabruptos como os que tivemos que oir no pleno do 19 de decembro.

Decididamente, non están acostumbrados a debatir e moito nos tememos que xa non se acostumbrarán nunca. O PP ourensán debería prantexarse que estas formas de facer política e gobernar son reliquias dun pasado casposo e caciquil que xa fai moito tempo que deberían ter superado.

Noticia en La Región.

miércoles, 14 de enero de 2009

A mala educación


É unha pena que non asista máis xente aos plenos do Concello. De verdade que é como unha viaxe ao pasado, e ata poderíanse botar unhas risas se a cousa non fora tan triste. Asistín ao pleno do 19 de decembro e o meu asombro e incredulidade sobre as expresións e actitudes do Sr. Alcalde e algún dos seus escudeiros foron enormes, porque pensaba que determinadas actitudes eran cosa dun pasado xa superado.

Aquí tedes unha pequena recopilación dalgunhas perlas do noso Sr. Alcalde nese pleno:

  • "A oposición será invitada a participar cando se considere necesario, se se considera necesario. Xa se lles informará cando se considere oportuno. Serán invitados a participar en algunha cousa".
  • Ante unha pregunta da oposición: "¡Imos ter a festa en paz, non me quero enfadar!"
  • "Cando vostede goberne, vostede saberá donde ten que invertir, igual que facemos nosotros!"
  • "¡Pois non se vai facer ningunha comisión! ¡E nada máis, son así de taxante!"
  • A oposición quere saber cando se lles responderá ás preguntas feitas nos plenos: "Cando o Sr. Secretario teña tempo".
  • A oposición critica que as felicitacións de Navidade vaian firmadas en nome do Sr. Alcalde, e non da corporación: "O Sr. Zapatero ou Zapatóns dalle 400 euros á xente. Ao millor copiei del e fíxeno mal".
  • A oposición pregunta polo estado da tramitación do PXOUM, pois según a planificación prevista xa deberían estar listos algúns documentos. O Sr. Alcalde contesta que, como xa contestou nunha comisión, non contesta no Pleno.
Parece olvidar o Sr. Alcalde que a oposición non se colou por unha ventana, senon que foi elexida por veciños que teñen os mesmos dereitos que os que lle votaron a él. O Sr. Alcalde tamén olvida que, como tal, é un SERVIDOR PÚBLICO, e está ahí para respostar ás preguntas que os veciños lle transmiten a través dos seus representantes.

De verdade que me sentín transportado ao pasado, ás épocas dos Gozos e as Sombras, aos tempos dos caciques de Castelao. E polo visto foi un pleno bastante tranquilo, medo da pensar, con estas actitudes caciquís, prepotentes e de mala educación, o que será un pleno no que o Sr. Alcalde "se enfade".

viernes, 9 de enero de 2009

Entrevista con Emilio Pérez Touriño

Entrevista con Emilio Pérez Touriño na TV do PSOE, na que fala de cómo afronta as vindeiras eleccións autonómicas, os proxectos dos socialistas galegos para Galicia, e contesta a preguntas que lle achegan a través do correo electrónico.