miércoles, 21 de enero de 2009

O reparto do Fondo de Inversión no Pereiro


Finalmente o pleno do Concello do Pereiro aprobou o reparto dos fondos estatais de inversión local, cos votos do PP, a abstención do BNG e o voto en contra dos concelleiros do PSdeG-PSOE.

As inversións finalmente aprobadas, por un importe total de 1.050.000 euros, son:
  • Tres depuradoras: unha no parque empresarial (612.000 euros), unha en Sabadelle (185.000 euros) e unha en A Caravina (174.000 euros).
  • Construcción de aceras en A Caravina (79.000 euros)
O grupo municipal socialista non critica a necesidade destas inversións (principalmente as depuradoras), pero decidiu votar en contra para manifestar a súa discrepancia con este xeito de aprobar as inversións, fruto dunha decisión unilateral do alcalde, que non parece distinguir a diferencia entre un director xeral dunha empresa e o rexidor dun concello democrático. Por outra parte, estas inversións non permiten acadar un dos principais obxectivos do Fondo de Inversión Local, que é a creación de emprego.

No Pereiro non existe ningún tipo de planificación e priorización do desenvolvemento das infraestructuras: as decisións obedecen a impulsos do Sr. Alcalde que se limita a levar ao pleno as súas decisións para seren aprobadas sen máis discusión. E claro, como non estamos pola labor de non discutir, de non dialogar e de non preguntarnos (e preguntarlle) o por qué das cousas, o Sr. Alcalde e algún dos seus acólitos póñense dos nervios, atropéllanse e tratan de rematar as discusións con exabruptos como os que tivemos que oir no pleno do 19 de decembro.

Decididamente, non están acostumbrados a debatir e moito nos tememos que xa non se acostumbrarán nunca. O PP ourensán debería prantexarse que estas formas de facer política e gobernar son reliquias dun pasado casposo e caciquil que xa fai moito tempo que deberían ter superado.

Noticia en La Región.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.