lunes, 13 de abril de 2009

Presentación do estudo sobre os parques infantís

Ante a desidia do actual grupo de goberno, a agrupación socialista do Pereiro elaborou un estudo no que, por unha parte, poñen ao descuberto as graves deficiencias detectadas nos parques infantís deste Concello e, por outra, aportan propostas para correxilas e mellorar o estado de abandono actual.  

O Grupo Socialista solicitará que o  Pleno da Corporación de Pereiro de Aguiar se pronuncie a favor do incremento e deseño de novos parques infantís, das melloras propostas no Estudio e da adaptación ás normas de seguridade que establece o Decreto 245/2003 de 24 de abril. 

As actuais instalacións incumplen a normativa vixente (Decreto 245/2003 de 24 de abril). Existen graves deficiencias na seguridade, como superficies sin amortiguación de impacto por caída (formigón, terra compacta ou area sen remover) ou equipos de xogo deteriorados ou non homologados con risco de graves lesións (en Vilaboa, Pardieiros, A Derrasa, Loñoá, Urbanización A Veiga de Abaixo …). Polo tanto, non ofrecen as condicións necesarias para que a poboación infantil se divirta sen poñer en perigo a súa integridade física.  

Por outra banda, existe un claro déficit no número de parques e áreas infantís con relación á poboación infantil (máis de 650 nenos menores de 16 anos).

Constátanse, entre outras cousas, a falta de planificación respecto da ubicación (a excepción das urbanizacións a elección da situación é arbitraria e non se valoran riscos de atropelos, impactos, …) a escasa ou nula sinalización, o abandono no mantemento e conservación, a ausencia de limpeza e hixiene, … 

Como a crítica debe vir sempre asociada a propostas e alternativas, os socialistas propoñen, entre outras, as seguintes medidas concretas: 

  • incremento sustancial no número destas instalacións; 
  • adaptación á normativa vixente, coa retirada urxente dos equipos de xogo que incumpren os requisitos de seguridade; 
  • elección axeitada da ubicación (zonas de arbolado, aisladas do tráfico, …); 
  • sinalización e delimitación por idades; 
  • instalación de elementos adicionais (bancos, papeleras, fontes, teléfonos de emerxencia, …); 
  • mellora da accesibilidade para minusválidos, vehículos infantís, avós, …; 
  • elaboración dunha ordenanza municipal sobre o seu uso e funcionamento e plan de conservación, limpeza e hixiene. 

Cos xogos dos nenos non se xoga, así que confiamos en que o grupo de goberno abra os ollos, admita a existencia destes problemas e permita que se aproben estas medidas.

Nota: a foto pertence á galería de jmrobledo en Flickr