jueves, 23 de octubre de 2008

Nace o boletín informativo da Agrupación Socialista do Pereiro



Os veciños do Pereiro están a recibir no correo o número 1 do boletín informativo da agrupación (pinchar sobre a imaxe do boletín para ver ampliado). Neste primeiro número informamos sobre: 
  • a evolución dos resultados electorais nos últimos anos no Concello, 
  • a actividade levada a cabo polo noso grupo municipal nos Plenos e Comisións e materializada en máis de 20 mocións presentadas,
  • a visión do grupo municipal socialista sobre cómo debe abordarse a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM),
  • orzamento municipal do 2008, demostrando a desastrosa e irregular actuación do equipo de goberno,
  • información sobre o obradoiro de emprego financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia no noso Concello.
Esta publicación nace con vocación de permanencia no tempo e co obxectivo de convertirse nun medio eficaz de manter informados dun xeito sinxelo e direito aos nosos veciños da actividade que leva a cabo a Agrupación Socialista do Pereiro.

Invitamos a todos os veciños a facernos chegar informacións, novas, queixas ou suxerencias que nos axuden tanto facer deste boletín unha ferramenta cada vez máis útil como a mellorar a nosa acción de oposición firme e responsable.

martes, 14 de octubre de 2008

I Xuntanza de Bloggers Socialistas


Mañá 15 de outubro terá lugar en Santiago a I Xuntanza de Bloggers Socialistas Galegos. Contaremos coa presencia de Mar Barcón, así como de insignes bloggers como Blas García, Eladio Osorio, Adriana Viz, Javier Fariña, Andrea Fernández e outros.

Se nada se torce, os socialistas do Pereiro estaremos nesa xuntanza.