domingo, 27 de julio de 2008

A clausura


Emilio Pérez Touriño está a clausurar o Congreso, agradecendo o amplo apoio dos delegados e que o seu traballo se dirixira máis hacia a cidadanía que hacia os militantes. Destaca a gran cantidade de iniciativas e ideas recollidas na Ponencia Marco aprobada, e por riba de todo a necesidade dun Pacto polo Benestar Social, que só poderá existir coa colaboración activa entre a Xunta e os Concellos galegos.


Reitera Touriño o que xa dixo onte: "nin un paso atrás na política social do goberno galego", mal que lles pese aos agoreiros da dereita que, como única receta fronte ás dificultades económicas, propoñen reducción do gasto público e os impostos, é decir, que paguen as consecuencias os de sempre, os máis débiles e desprotexidos.

Diríxese tamén ao representante do Partido Socialista de Euskadi transmitíndolle toda a solidariedade e apoio do PSdeG.

Os resultados do Congreso


Ainda que con algo de retraso sobre o horario previsto, xa temos os resultados das votacións aos órganos do partido:
  • A lista única da Comisión de Ética obtivo o 97,73% dos votos.
  • Para o Comité Nacional había dúas listas. A encabezada polo compañeiro Lagares obtivo 403 votos (o 92%), e a encabezada por Gonzalo Caballero obtivo 29 votos (o 6,62%).
  • Para o Comité Federal a lista encabezada por Ricardo Varela obtivo 403 votos (o 91,80%), e a encabezada por Gonzalo Caballero, 30 (o 6,83%).
  • Por último, a lista única presentada para a Comisión Executiva obtivo 413 votos, o 93,43% do total, e 29 en branco (o 6,56%).
A ampla renovación da Executiva e que Mar Barcón é a nova Secretaria de Organización son os aspectos máis destacables deste peche do Congreso.

Mañá de domingo no congreso


Hoxe a mañá transcurre tranquila: ao chegar a Santiago, e antes de comezar o plenario, tomamos un agradable e distendido café con Paco Rodríguez, o alcalde de Ourense, ao sol da terraza do hotel que se atopa xunto ao palacio de congresos.


No plenario presentáronse os dictames das comisións que foron aprobadas (en casi todos os casos por unanimidade), e dende as 11:30 máis ou menos estamos esperando a que comece a votación das candidaturas para os órganos nacionais (parece que hai algúns problemas técnicos que a están a retrasar). Dos dictames das comisións cabe destacar (ademáis do esforzo dos ponentes e delegados para acadar, sen moitos esforzos, acordos sobre as alegacións presentadas) o esforzo da comisión de Estatutos por articular mecanismos para mellorar o fluxo de información e a coordinación dende as bases e a cidadanía en xeral cos representantes políticos.

É unha mañá para saúdos, presentacións, cotilleos do que pasou nas comisións (ainda que o consenso foi bastante xeneralizado), algunha cara que reflexa unha longa noite (non se sabe se de duras negociacións ou de farra ;-) e a visita dalgunha ministra galega como Elena Salgado.

A sensación que temos é de satisfacción xeneralizada, de que se pode optar seriamente a ser a forza máis votada nas vindeiras eleccións autonómicas, así que dende mañá hai que pensar que xa estamos en precampaña.

sábado, 26 de julio de 2008

Trabajando en las comisiones


Comienzan los trabajos de las comisiones. La representación de Pereiro de Aguiar se ha incorporado a la Comisión 2, que se encargará de revisar las enmiendas presentadas a la ponencia "Un crecemento equilibrado e sostible", que se puede consultar desde la web del Congreso.

La forma de trabajar es la siguiente: las enmiendas al texto propuesto fueron presentadas en su momento por las diferentes agrupaciones y militantes. Algunas de ellas han sido ya aceptadas por los ponentes, por lo que se pasa a discutir directamente aquellas con las que no están de acuerdo. Si la ponencia no acepta la enmienda, se procede a votarla.

Ha habido una gran participación en estas enmiendas, lo que sin duda ayudará a que el texto final sea de gran riqueza y fruto de un amplio debate. No hay que olvidar que este documento marcará la política del PSdeG-PSOE en los próximos años en aspectos tan importantes como energía, industria, sociedad de la información o empleo.

Es una auténtica pena que, por lo general, los ciudadanos no sean conscientes del gran trabajo de diálogo y reflexión que realizan los partidos en estos congresos, y resulta más que sorprendente cuando lo que aquí se decide va a tener una gran importancia en las políticas que en los años inmediatos llevarán a cabo los gobiernos que ellos elijan.

Aprobado por unanimidade o informe de xestión

O informe de xestión presentado polo Secretario Xeral, Emilio Pérez Touriño, foi aprobado por unanimidade dos delegados do plenario.

Mentras esperabamos a hora de votar a reelección do Secretario Xeral estábamos a tomar un pouco o fresco. Non hai perigo de despistarse coa hora: Miguel Fidalgo, a pesares da súa fama de non contestar ao teléfono (Pachi Vázquez e María Quintas tomáronlle un rato o pelo ao respecto durante a comida), demostra ser un consumado maestro no uso e manexo dos sms para convocar aos delegados ourensáns ás reunións e votacións.

Actualización: Emilio Pérez Touriño foi reelexido Secretario Xeral con máis dun 97% dos votos e ningún voto en contra. Agradeceu, nun emocionado discurso, o apoio mostrado neste congreso e nestes anos a todos os militantes.

No ecuador do Congreso

Son as cinco da tarde e se está a desenvolver o debate sobre os informes de xestión presentados no 11º Congreso do PSdeG-PSOE. Como o meu portátil quedouse sen batería escapo un rato do plenario e vou á zona wifi a cargalo e aproveito para facer un breve resumo do que foi a xornada ata o momento.

Das intervencións da mañá, previas ao informe de xestión presentado polo Secretario Xeral, quédome sen dúbida algunha (e penso que coma min todos os demáis asistentes ao congreso) coa intervención de Loli Rodríguez, a secretaria xeral de Xuventudes Socialistas. Facía moito tempo que non escoitaba un discurso político tan fresco e natural, tan ben estructurado e con tanto contido. Xunto co histórico Isaac Díaz Pardo, levou a ovación da mañá.

No informe de xestión presentado polo secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, cabe destacar a solidez dos resultados presentados nos diferentes ámbitos de actuación. Destacou especialmente o ben que está a aguantar Galicia a mala evolución da economía, resaltando que corresponden a Galicia a metade dos postos de traballo creados no Estado nos últimos meses, segundo a EPA (encuesta de poboación activa), e asegurando que non vai "rebaixar un milímetro" o seu compromiso co gasto social e co desenvolvemento do estado do benestar.

Despois dunha breve e boa comida continuou o programa co debate sobre a xestión dos informes presentados. Ata o de agora hai unanimidade en recoñecer o bó traballo realizado ata o de agora, así como nas boas perspectivas coas que se poden afrontar as vindeiras eleccións autonómicas. Nembargantes, e lonxe dunha aclamación colectiva sen reflexión, hai voces que reclaman unha maior coordinación entre os cargos institucionais e os do partido. Contestou Abel Caballero que "axustes finos sí, pero recoñecemento ao traballo feito nestes anos". Será interesante comprobar se a composición final da executiva e os nomes que ocupen os diferentes cargos reflexan esta maior necesidade de coordinación que reclaman dende algunhas delegacións.

A partires das 18:30, e unha vez votado o informe de xestión, constituiranse as comisións de traballo, e comezará tamén o momento dos rumores e os dimes e diretes sobre quen entra e sae da Executiva. Haberá que afinar o oído para ver qué se coce.

Comeza o 11º Congreso do PSdeG

Durante esta fin de semana terá lugar en Santiago o 11º Congreso do PSdeG-PSOE. Os socialistas do Pereiro participan cun delegado (César Grande). A organización do congreso está a facer unha forte aposta pola utilización das novas tecnoloxías da web 2.0 co fin de que todos os militantes e simpatizantes poidan seguir as discusións e decisións que se tomen e que marcarán a liña política do partido nos vindeiros anos.

A web do Congreso complétase cun blog que, tal e como se indica no seu primeiro post, "pretende dar outra visión, pretende ser os ollos e as palabras da organización, a voz dos e das participantes. Imaxes, vídeos, información diversa, anécdotas, … e outras moitas cousas que se nos vaian ocurrindo". Ademáis a organización do Congreso tivo a boa idea de completar esta oferta 2.0 con outras ferramentas como twitter e facebook.

Pois dende Santiago iremos contando durante esta fin de semana, dende o blog e dende twitter, cómo se cociña este 11º Congreso.

viernes, 25 de julio de 2008

Os orzamentos de Pereiro de Aguiar

O pasado martes 22 de xullo celebrouse o pleno de aprobaión dos orzamentos de 2008 do Concello de Pereiro de Aguiar. A vista do despropósito da proposta presentada polo grupo de goberno do PP, os socialistas votaron en contra destes orzamentos:

Dun total de 5.406.000 € (cinco millóns e medio de euros) únicamente se destinen a inversións reais (capítulo 6) 718.749,43 € que suporían o 13 % do total (664.895 € menos que no orzamento de 2007). Ademáis tal inversión NON É REAL por non tratarse de fondos municipais senón participados. Dos 718.749,43 €, 393.000 € corresponden a subvencións da Xunta de Galicia, polo que a inversión real son 325.000 €, é dicir a inversión real prevista representa o 6 % do orzamento total .

Non aprobamos que entre cap 1 (PERSOAL) e cap 2 (BENS CORRENTES E SERVICIOS) se gaste o 80 % do orzamento. Esiximos reducir notablemente o gasto de persoal, 2.253.010,46 € que supoñen o 42 % do total. Opoñémonos a que neste capítulo 1 se incrementen 718.000 € de gasto respecto do exercicio 2007 que, aparte do Obradoiro de Emprego (para o que se conta cunha subvención da Consellería de Traballo de 610.480,80 €), débese básicamente á
remuneración de altos cargos (de 70.000 a 90.000 €), 20.000 € de incremento para a remuneración da dedicación exclusiva do Alcalde e a unha suba salarial prevista totalmente irregular para unha parte do persoal.

Preténdese camuflar como unha suba salarial a traballadores tratados como temporais, cando non o son; trátase de traballadores con contratos en fraude de lei, xa que realizan funcións de necesidade permanente no Concello. Con tal suba discrimínase a outros traballadores que tamén ocupan postos de necesidade permanente no Concello. Plantéxanse subas salariais significativamente desiguais e discriminatorias. Resulta curioso que parte do persoal beneficiado sexan candidatos do PP nas eleccións municipais: 3 auxilares administrativos cun incremento de 318 €/mes (salario + SS) cada unha, unha limpadora da Galescola cun incremento de 96 €/mes, unha xardineira responsable cun incremento de 269 €/mes. Tamén resalta o incremento de 177 €/mes para o oficial de brigadas, un coñecido colaborador do Sr. Alcalde, mesmo nas campañas electorais.


A única vía legal para regularizar esta situación (tarefa na que nos consta o empeño e esforzo do Sr. Secretario-Interventor) é a que temos proposto os concelleiros socialistas a través de Mocións (xa presentadas, aínda non debatidas): a negociación do Convenio Colectivo e unha RPT que responda a necesidades reais e non ós intereses do Alcalde e do seu grupo de goberno, como pon de manifesto que 5 persoas da súa candidatura nas eleccións municipais son traballadores do Concello, como tamén o son familiares directos de concelleiros do grupo de goberno.

No que respecta aos INGRESOS demandamos unha explicación sobre o contido do cap 2, IMPOSTOS INDIRECTOS. ¿Como co volume de construcción existente, tendo en conta a expansión urbanística e os 6300 habitantes no municipio, só se prevén 300.000 € de recadación? (130.000 € menos que no exercicio anterior).

Enlaces: Noticia en La Región
,