sábado, 26 de julio de 2008

No ecuador do Congreso

Son as cinco da tarde e se está a desenvolver o debate sobre os informes de xestión presentados no 11º Congreso do PSdeG-PSOE. Como o meu portátil quedouse sen batería escapo un rato do plenario e vou á zona wifi a cargalo e aproveito para facer un breve resumo do que foi a xornada ata o momento.

Das intervencións da mañá, previas ao informe de xestión presentado polo Secretario Xeral, quédome sen dúbida algunha (e penso que coma min todos os demáis asistentes ao congreso) coa intervención de Loli Rodríguez, a secretaria xeral de Xuventudes Socialistas. Facía moito tempo que non escoitaba un discurso político tan fresco e natural, tan ben estructurado e con tanto contido. Xunto co histórico Isaac Díaz Pardo, levou a ovación da mañá.

No informe de xestión presentado polo secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, cabe destacar a solidez dos resultados presentados nos diferentes ámbitos de actuación. Destacou especialmente o ben que está a aguantar Galicia a mala evolución da economía, resaltando que corresponden a Galicia a metade dos postos de traballo creados no Estado nos últimos meses, segundo a EPA (encuesta de poboación activa), e asegurando que non vai "rebaixar un milímetro" o seu compromiso co gasto social e co desenvolvemento do estado do benestar.

Despois dunha breve e boa comida continuou o programa co debate sobre a xestión dos informes presentados. Ata o de agora hai unanimidade en recoñecer o bó traballo realizado ata o de agora, así como nas boas perspectivas coas que se poden afrontar as vindeiras eleccións autonómicas. Nembargantes, e lonxe dunha aclamación colectiva sen reflexión, hai voces que reclaman unha maior coordinación entre os cargos institucionais e os do partido. Contestou Abel Caballero que "axustes finos sí, pero recoñecemento ao traballo feito nestes anos". Será interesante comprobar se a composición final da executiva e os nomes que ocupen os diferentes cargos reflexan esta maior necesidade de coordinación que reclaman dende algunhas delegacións.

A partires das 18:30, e unha vez votado o informe de xestión, constituiranse as comisións de traballo, e comezará tamén o momento dos rumores e os dimes e diretes sobre quen entra e sae da Executiva. Haberá que afinar o oído para ver qué se coce.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.