viernes, 25 de julio de 2008

Os orzamentos de Pereiro de Aguiar

O pasado martes 22 de xullo celebrouse o pleno de aprobaión dos orzamentos de 2008 do Concello de Pereiro de Aguiar. A vista do despropósito da proposta presentada polo grupo de goberno do PP, os socialistas votaron en contra destes orzamentos:

Dun total de 5.406.000 € (cinco millóns e medio de euros) únicamente se destinen a inversións reais (capítulo 6) 718.749,43 € que suporían o 13 % do total (664.895 € menos que no orzamento de 2007). Ademáis tal inversión NON É REAL por non tratarse de fondos municipais senón participados. Dos 718.749,43 €, 393.000 € corresponden a subvencións da Xunta de Galicia, polo que a inversión real son 325.000 €, é dicir a inversión real prevista representa o 6 % do orzamento total .

Non aprobamos que entre cap 1 (PERSOAL) e cap 2 (BENS CORRENTES E SERVICIOS) se gaste o 80 % do orzamento. Esiximos reducir notablemente o gasto de persoal, 2.253.010,46 € que supoñen o 42 % do total. Opoñémonos a que neste capítulo 1 se incrementen 718.000 € de gasto respecto do exercicio 2007 que, aparte do Obradoiro de Emprego (para o que se conta cunha subvención da Consellería de Traballo de 610.480,80 €), débese básicamente á
remuneración de altos cargos (de 70.000 a 90.000 €), 20.000 € de incremento para a remuneración da dedicación exclusiva do Alcalde e a unha suba salarial prevista totalmente irregular para unha parte do persoal.

Preténdese camuflar como unha suba salarial a traballadores tratados como temporais, cando non o son; trátase de traballadores con contratos en fraude de lei, xa que realizan funcións de necesidade permanente no Concello. Con tal suba discrimínase a outros traballadores que tamén ocupan postos de necesidade permanente no Concello. Plantéxanse subas salariais significativamente desiguais e discriminatorias. Resulta curioso que parte do persoal beneficiado sexan candidatos do PP nas eleccións municipais: 3 auxilares administrativos cun incremento de 318 €/mes (salario + SS) cada unha, unha limpadora da Galescola cun incremento de 96 €/mes, unha xardineira responsable cun incremento de 269 €/mes. Tamén resalta o incremento de 177 €/mes para o oficial de brigadas, un coñecido colaborador do Sr. Alcalde, mesmo nas campañas electorais.


A única vía legal para regularizar esta situación (tarefa na que nos consta o empeño e esforzo do Sr. Secretario-Interventor) é a que temos proposto os concelleiros socialistas a través de Mocións (xa presentadas, aínda non debatidas): a negociación do Convenio Colectivo e unha RPT que responda a necesidades reais e non ós intereses do Alcalde e do seu grupo de goberno, como pon de manifesto que 5 persoas da súa candidatura nas eleccións municipais son traballadores do Concello, como tamén o son familiares directos de concelleiros do grupo de goberno.

No que respecta aos INGRESOS demandamos unha explicación sobre o contido do cap 2, IMPOSTOS INDIRECTOS. ¿Como co volume de construcción existente, tendo en conta a expansión urbanística e os 6300 habitantes no municipio, só se prevén 300.000 € de recadación? (130.000 € menos que no exercicio anterior).

Enlaces: Noticia en La Región
,

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.