domingo, 27 de julio de 2008

Mañá de domingo no congreso


Hoxe a mañá transcurre tranquila: ao chegar a Santiago, e antes de comezar o plenario, tomamos un agradable e distendido café con Paco Rodríguez, o alcalde de Ourense, ao sol da terraza do hotel que se atopa xunto ao palacio de congresos.


No plenario presentáronse os dictames das comisións que foron aprobadas (en casi todos os casos por unanimidade), e dende as 11:30 máis ou menos estamos esperando a que comece a votación das candidaturas para os órganos nacionais (parece que hai algúns problemas técnicos que a están a retrasar). Dos dictames das comisións cabe destacar (ademáis do esforzo dos ponentes e delegados para acadar, sen moitos esforzos, acordos sobre as alegacións presentadas) o esforzo da comisión de Estatutos por articular mecanismos para mellorar o fluxo de información e a coordinación dende as bases e a cidadanía en xeral cos representantes políticos.

É unha mañá para saúdos, presentacións, cotilleos do que pasou nas comisións (ainda que o consenso foi bastante xeneralizado), algunha cara que reflexa unha longa noite (non se sabe se de duras negociacións ou de farra ;-) e a visita dalgunha ministra galega como Elena Salgado.

A sensación que temos é de satisfacción xeneralizada, de que se pode optar seriamente a ser a forza máis votada nas vindeiras eleccións autonómicas, así que dende mañá hai que pensar que xa estamos en precampaña.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.