No Concello de Beade, no Ribeiro, celebraron o primeiro pleno... ¡dende o pasado mes de novembro! D. Senén Pousa, un alcalde que parece xurdido da noite máis escura e tenebrosa dos tempos (dos tempos franquistas, queremos decir), non parece considerar que cumprir a lexislación vixente no que respecta á celebración de plenos ou debatir coa oposición sexan cousas das que se teña que preocupar. Por non falar do cariño que parece ter collido aos símbolos franquistas que todavía se poden atopar polo seu concello.
A noticia que podemos ler en La Región xa da arrepíos, pero recomendamos efusivamente a fantástica relación dos feitos do pleno que fai o noso amigo Caldelao de Caldelas.
En Ourense, de cando en vez da a sensación de que o tempo parouse, ou que alomenos paráronse no tempo algúns políticos tan impresentables como este señor. ¿Qué espera o PP para desfacerse destes vestixios cuasi-arqueolóxicos? De vergoña, certamente.