viernes, 27 de febrero de 2009

O Tribunal de Cuentas vai investigar a contabilidade do Concello


Esta semana soubemos que o Tribunal de Cuentas dictou un auto polo que se acorda continuar coa instrucción para a revisión da contabilidade do Concello do Pereiro. Os concelleiros socialistas, ante a negativa do grupo de goberno a correxir presuntas irregularidades detectadas na Conta Xeral Anual de 2007 así como en determinadas obras, se viron obligados a dirixirse ao Tribunal de Cuentas para por no seu coñecemento estos feitos.

A pesares de que o alcalde rexeitou no seu día as alegacións presentadas polos concelleiros socialistas calificándoas de "infundadas", parece que non iban moi desencamiñados, toda vez que o mencionado Tribunal acorda continuar coa instrucción, dando traslado dos feitos á sección de enxuiciamento e nomeando un delegado instructor. Por outra banda, o Ministerio Fiscal estima que dos feitos denunciados poderían derivarse responsabilidades contables.


A agrupación socialista do Pereiro lamenta que estas alegacións non foran atendidas no momento en que se presentaron, porque non teríamos chegado a esta situación. Despois de tomar esta decisión por lealtade aos veciños que os votaron, aplauden o auto do Tribunal de Cuentas e a actuación do Ministerio Fiscal porque entenden que mellorará o funcionamento e a transparencia da contabilidade do Concello de Pereiro de Aguiar.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.