O pasado venres 21 de febreiro o pleno do Concello de Pereiro de Aguiar aprobou, POR UNANIMIDADE, unha moción conxunta presentada polos grupos da oposición (PSOE e BNG), co fin de proceder á revisión do Plan de Urbanismo Municipal. En plena campaña eleitoral, e nestos tempos de duros enfrentamentos políticos, temos que felicitar a toda a corporación de O Pereiro por ser quen de chegar a un acordo unánime para intentar evitar os expedentes de derribo que ameazan unha importante cantidade de vivendas construidas á marxe da legalidade no noso Concello.
Este acordo demostra varias cousas:
Este acordo demostra varias cousas:
- Os dirixentes municipais do Partido Popular levaron a cabo durante anos unha política clientelista, baseada no "construe que non pasa nada pero lembra esto no momento de votar" e no suposto de que perdurarían per sécula no poder, sen pensar máis que nos réditos electorais que obterían ao curto prazo. A dura e terca realidade coa que se atopan é que moitos dos veciños ven agora en perigo as súas vivendas e esixen solucións.
- O PP no Pereiro vai á deriva, sen rumbo, sen proxecto, sen estratexia, como o demostra que, ante a inmovilidade do equipo de goberno, tiveran que tomar a iniciativa os partidos da oposición en algo tan importante e de tanta trascendencia para a vida dos veciños.
- É necesario que todos os veciños comprendan que as políticas caciquiles, do amiguismo e a chapuza son cousas do pasado, e que vivimos nun Estado de Dereito, no que todos estamos sometidos ao imperio da Lei, e non ao arbitrio das graciosas concesións do Sr. Alcalde.
Agora verá o máis difícil: aproveitar esta reforma do PXOM para planificar e organizar axeitadamente o futuro desenvolvemento do Concello, un desenvolvemento que necesariamente deberá ser sostible e razoable. Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE traballaremos e vixiaremos para evitar que esta reforma sirva para beneficiar, como ten ocurrido no pasado, a catro especuladores sen escrúpulos.
0 comentarios:
Publicar un comentario