sábado, 26 de abril de 2008

Visita do alcalde ao parque infantil

No pleno do Concello do Pereiro do pasado venres 18 de abril, o grupo socialista pediu ao grupo de goberno que se interesara polo deplorable estado dos parques infantiles do concello, e en particular polo da urbanización da Tapada das Bouzas, sobor do cal temos falado aquí xa en ocasións.

Pois ben, esta semana estivo o Sr. Alcalde comprobando in situ a desfeita no que se convertiu ese parque en só tres anos (non hai auga, a area está chea de herbas, columpios escasos, non hai sombra, hai excrementos de cans, os nenos poden escapar á carretera,...). Agradecemos a pronta visita, e esperamos que as actuacións non se fagan esperar e que ese parque e todos os do concello cumpran canto antes, escrupulosamente, a lexislación vixente.

O grupo de goberno segue a demostrar un preocupante inmovilismo, actuando únicamente en resposta ás iniciativas que presenta a oposición. Non hai programa, nin proxecto, nin ideas, pero o peor é que parece que xa tampouco hai motivación.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.