lunes, 21 de enero de 2008

Presentación das candidaturas ás eleccións


Onte presentáronse as candidaturas do PSdeG-PSOE ao Congreso e o Senado pola provincia de Ourense nun acto celebrado no hotel Auriense,en San Cibrao. Elena Espinosa, a cabeza de lista pola provincia, presentou rotundas e indiscutibles cifras polo miudo, resaltando o traballo que por esta provincia se leva feito dende o goberno de Rodríguez Zapatero, en contraposición coas inversións realizadas durante os gobernos de José María Aznar.

Quedémonos cunhas poucas cifras: as inversións nestes catro anos sitúanse en 910 euros por habitante frente aos 175 do último goberno do PP. O crecemento económico foi dun 3,8% fronte ao 2,9%, a tasa de paro está no 8%, fronte ao 11,2% anterior.

Máis información en La Región e La Voz de Galicia.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.