jueves, 31 de enero de 2008

Un alcalde sen proxecto

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR, CUN ORZAMENTO DE 6 MILLÓNS DE EUROS, GOBERNADO POR UN ALCALDE (DO PP) SEN PROXECTO

O Grupo Municipal Socialista do Pereiro denunciamos A FALTA DE PROXECTO DO GRUPO DE GOBERNO.

O Sr. Alcalde ten manifestado nas reunións do Pleno e sin ningún rubor que está a gobernar o Concello sin ningún tipo de proxecto, “que os problemas do Concello se van atendendo según van xurdindo”. Manifesta ademáis que non ten proxecto porque “non é home de compromisos, que nunca se compromete con ninguén”.

¿Como se atreve a facer estas declaracións unha persoa que lle debe o cargo aos veciños que o respaldaron co seu voto? ¿Como se lles pode faltar ao respecto tan descaradamente, dicindo que non ten compromiso con ninguén?

Dende o Grupo Socialista entendemos que xa é hora de que os veciños deste concello saiban como “xoga” D. Eliseo. Que a súa política de improvisación é a principal causa do atraso deste concello e da existencia de zonas claramente desfavorecidas, totalmente esquecidas.

Os socialistas rexeitamos este tipo de xestión. Gobernar e actuar ao seu antoxo, sin ningún tipo de proxecto perxudica gravemente a moitos veciños e ao desenvolvemento do concello, favorendo únicamente o SEU INTERÉS PARTICULAR E O CLIENTELISMO.

Basta cun percorrido polos distintos puntos do concello para percibir claramente o contraste entre os atendidos e os abandonados, en función de se responden ou non aos intereses particulares do Sr. Alcalde ou dos seus “amigos”.


Un orzamento de 6 millóns de euros en mans dun alcalde sen proxecto e que manifesta non ter compromiso con ningúen. Así imos.

0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.