Partido dos Socialistas de Galicia
Comisión Executiva Nacional Galega
Oficina de Prensa
Rúa do Pino, 1-9 baixos
15704 Santiago de Compostela
Tfno. 981552030 Fax: 981588708
COMUNICADO AOS MEDIOS.
O PSdeG-PSOE rexeita e condena calquera forma de violencia, de agresión.
Non compartindo en absoluto os postulados e argumentos da convocatoria, os socialista galegos defendemos inequivocamente o dereito de manifestación, da liberdade de expresión.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2009.-
En relación cos acontecementos acaecidos esta mañá en Santiago de Compostela arredor da manifestación de Galicia Bilingüe, o vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, quere puntualizar:
1. O PSdeG-PSOE rexeita e condena calquera forma de violencia, de agresión, calquera conduta que trate de impedir a libre manifestación dos cidadáns e a expresión das súas ideas.
2. Non compartindo en absoluto os postulados e argumentos da convocatoria, os socialistas galegos defendemos inequivocamente, como sempre fixemos ao longo da historia política desta país, e defenderemos sempre o dereito de manifestación, o dereito da liberdade de expresión, o dereito que teñen os colectivos de trasladar as súas opinións, un dereito que ninguén pode impedir nin limitar.
3. Os socialistas galegos apostamos, unha vez máis, polo entendemento, a cooperación e a unidade arredor da lingua; xa que pensamos que non necesitamos enfrontamentos nin confrontacións en algo tan sensible e tan emblemático para os cidadáns.
4. Rexeitamos as actitudes daqueles que queren dividirnos co idioma, cos exclusivismos e coas imposicións.
Saúdos. Comunicación PSdeG-PSOE
prensa@psdeg-psoe.org
www.psdeg-psoe.org
0 comentarios:
Publicar un comentario