viernes, 25 de enero de 2008

Acto socialista en Ourense

Onte xoves celebrouse no auditorio de Ourense un acto socialista que contou coa presencia destacada da cabeza de lista pola provincia, a ministra Elena Espinosa, e do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
A intervención de Elena Espinosa, que como é habitual nela estivo ben organizada e chea de verdades apoiadas por cifras irrebatibles, centrouse en relatar os avances que, principalmente en políticas sociais, se teñen levado a cabo nesta lexislatura, e coas que o Partido Popular estivo sistemáticamente en desacordo: Lei de Dependencia, cheque-bebé, Estatuto do Traballador Autónomo, Lei de Reproducción Asistida, e algo especialmente importante para os veciños dun concello rural como Pereiro de Aguiar: a Lei de Desenvolvemento Rural.
Está claro que aos señores mandamases do Partido Popular non lles gusta que existan estas leis porque atentan directamente contra o seu xeito de facer as cousas: os favores, a caridade de botafumeiro e misa de domingo, o aborto discreto para as nenas-ben en clínicas de Londres, e tantas cousas que pensan que están reservadas para as "familias de toda a vida", pero que non conciben como dereiros da cidadanía.


0 comentarios:

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.