jueves, 10 de enero de 2008

Comezamos

Hoxe, case que da man do novo ano, nace este blog coa vontade de ser un espazo para a difusión de información e novas que interesan aos veciños do Concello de Pereiro de Aguiar, pero tamén de reflexión e crítica sobre as decisións e actuacións políticas que afectan ao noso concello e, polo tanto, ás nosas vidas.

Os que formamos esta agrupación socialista de Pereiro estamos firmemente convencidos de que o noso concello non está desenvolvendo todas as potencialidades que polo seu orzamento, tamaño, poboación e recursos correspóndenlle. Con todo, tamén estamos convencidos de que cambiar esta situación esixe compromiso e traballo continuado próximo aos veciños para coñecer de cerca os seus problemas, necesidades e inquedanzas, máis aló das épocas electorais. Sirva esta primeira entrada no blog para reafirmar o compromiso da nosa agrupación.

Invitamos a todos os veciños a colaborar neste blog para que podamos publicar os seus problemas e inquedanzas, así como transmitilas aos vosos representantes do grupo socialista na corporación municipal.

Unha aperta.

2 comentarios:

JG | 19 de enero de 2008, 10:23  

Lo primero es dar mi más sincera enhorabuena al creador de este blog (cuaderno de bitácoras), lugar de encuentro y opinión de los vecinos de Pereiro, así como, a la reciente puesta en marcha de la agrupación socialista de Pereiro.
Lo segundo, es invitar a todos/as los vecinos de este Concello, a utilizar este espacio de diálogo, intercambio de ideas, críticas, soluciones.... sobre temas tan importantes como el medio ambiente, el urbanismo, la educación, la cultura, los servicios sociales, la administración, la seguridad (ciudadana, vial), la mujer, etc, en el municipio de Pereiro de Aguiar.

Por último, vuelvo a felicitar al grupo socialista, e invito a todos/as a participar en este foto de encuentro.

Anónimo | 25 de junio de 2008, 18:04  

Amais miña enhoraboa a agrupacion dos socialistas do Pereiro de Aguiar pola sua dedidacion e o seu ben facer na politica municipal.Loitando contra a politica caciquil do SR Eliseo e a sua banda mais ca unm grupo de goberno parecen unha banda dirixida polo alcalde se iniciativas nin gañas de facer so pensando como podemos colocar os da familia e que rendementos lle sacamos a politica. Sen mais un saudo socialistas. Forza compañeiros.un

Tu comentario será moderado la primera vez que lo hagas al igual que si incluyes enlaces. A partir de ahi no ser necesario si usas los mismos datos y mantienes la cordura. No se publicarán insultos, difamaciones o faltas de respeto hacia los lectores y comentaristas de este blog.